CRTVG

Buscar

A Audiencia Nacional incáutase de 4,6 millóns de euros de Ignacio González en Colombia

Publicado o 10/11/2017 21:32

A Audiencia Nacional incautouse en Colombia duns 5 millóns de euros do ex-presidente madrileño co PP Ignacio González. Tamén lle confiscaron varios inmobles aínda por cuantificar. Os investigadores dan por requisado todo o patrimonio que reuniría González froito das súas actividades presuntamente delituosas na empresa pública Canal de Isabel II. E isto foi decisivo para permitir a liberdade condicional do ex-presidente madrileño, xa que diminúe o risco de fuga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017