CRTVG

Buscar

Incautación de 1.200 quilos de cocaína nun veleiro preto das Canarias

Publicado o 27/09/2021 08:11
Incautación de 1.200 quilos de cocaína nun veleiro preto das Canarias

A Policía Nacional, nunha operación conxunta con Aduanas e a Garda Civil, incautouse de 1.200 quilos de cocaína preto das Canarias. A droga estaba a bordo dun veleiro que navegaba, sen bandeira, en augas internacionais, a unhas 600 millas das illas Canarias. A operación levouse a cabo o pasado luns, día 20. O veleiro, a droga incautada e os dous tripulantes da embarcación detidos, un español e un italiano, foron conducidos ao porto das Palmas.


 

Noticias web

27/09/2021