CRTVG

Buscar

Comisadas máis de 2.600 vieiras nunha operación contra o furtivismo en Ferrol

Publicado o 09/09/2019 19:01
Comisadas máis de 2.600 vieiras nunha operación contra o furtivismo en Ferrol

Axentes da Policía autonómica interviñeron un total de 2.617 vieiras de gran tamaño no marco dunha operación de investigación de furtivismo na ría de Ferrol.

Na madrugada do pasado día 7, axentes do grupo Erpol (Equipo de Resposta Policial), apoiados por integrantes de Gardacostas, culminaron un dispositivo de vixilancia e seguimento coa incautación de 2.617 vieiras de gran tamaño, cun peso total de máis de 650 quilos.

As vieiras intervidas foron trasladadas para ser resementadas na ría de Ferrol. Segundo os axentes, estas vieiras eran extraídas en Ferrol para trasladalas posteriormente a outras zonas da comunidade, preferentemente na ría de Arousa, "sen cumprir coas mínimas normas tanto administrativas como sanitarias".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019