CRTVG

Buscar

Incautadas case dúas toneladas e media de cocaína nunha embarcación preto da Illa de San Andrés, en Colombia

Publicado o 13/09/2021 09:11
Incautadas case dúas toneladas e media de cocaína nunha embarcación preto da Illa de San Andrés, en Colombia

Incautadas case dúas toneladas e media de cocaína nunha embarcación preto da Illa de San Andrés, no Caribe colombiano. Esta incautación de droga é a máis grande obtida no 2021 pola Armada de Colombia. Hai cinco detidos, catro deles colombianos. A embarcación partiu do golfo de Urabá e foi localizada por buques da Armada Colombiana guiada por avións militares colombianos e panameños. Este cargamento, que está valorado nuns 68 millóns de euros, era unha operación do chamado Clan do Golfo.

Noticias web

13/09/2021