CRTVG

Buscar

Comisadas 200 plantas de marihuana en Vilagarcía

Publicado o 13/06/2019 13:14

Axentes da Policía Nacional prenderon un mozo e o seu sogro por un delito contra a saúde pública. Están acusados de ser os responsables dunha plantación de marihuana descuberta nun invernadoiro en Aralde, en Vilagarcía de Arousa.

A policía incautouse de máis de duascentas plantas no invernadoiro e de vinte de pequeno tamaño en testos no domicilio dos detidos. En total, as plantas deron un peso de máis de oitenta quilos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019