CRTVG

Buscar

Inaugurouse na Cidade da Cultura a exposición 'Castelao maxistral'

Publicado o 05/10/2018 15:36

Viámolo nos titulares do Telexornal: hoxe inaugurouse na Cidade da Cultura a mostra 'Castelao maxistral'. 

O óleo representa a figura dun mestre asasinado no chan e dous cativos que o miran con tristura. 
É o símbolo da represión franquista en Galicia. 

Castelao pintouno na Arxentina en 1945.  Era outra expresión artística do debuxo incluído en 'Galicia mártir', un álbum deseñado para apoiar a causa da República. 

A cara do mestre imita a dun amigo, o dirixente do Partido Galeguista Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto do 36. Foi esa a data que quixo conmemorar Castelao con este cadro: 'O día dos mártires galegos'.

Bóveda non era mestre, un dos colectivos más castigados pola represión franquista, pero o cadro rende unha homenaxe aos 4.700 galegos asasinados en tres anos. Esa é 'A derradeira leición do mestre'. A exposición 'Castelao maxistral', que presenta outras pezas do autor e da vida dos mestres homenaxeados, permanecerá aberta ata marzo.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2018