CRTVG

Buscar

Inaugurouse a subestación eléctrica de Ribadeo

Publicado o 13/02/2018 15:15

 

En Ribadeo inaugurouse hoxe unha das infraestruturas máis demandadas da comarca, a subestación eléctrica. Está situada na parroquia de Piñeira e supuxo un investimento de 8,8 millóns de euros. Pretenden prover 56.000 abonados. O obxectivo é poñer fin aos frecuentes cortes na subministración, beneficiando os veciños pero tamén o tecido produtivo de toda a Mariña Oriental.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018