CRTVG

Buscar

Abre ao tráfico a autovía da Costa da Morte

Publicado o 29/07/2016 21:23

O treito inaugurado consta de 27 quilómetros, libres de peaxe, entre Carballo e Baio, máis dous quilómetros de corredor ata Vimianzo

A autoestrada que une a Coruña e Carballo continúa como autovía libre de peaxe ata Baio, entre os concellos de Zas e Vimianzo -Soneira-, o que na Costa da Morte chaman "a montaña". Na Xunta din que manteñen a idea de que chegue a Fisterra algún día, e que xa está en proxecto a conexión co vial de Camariñas, en Vimanzo. 

"É que para chegar a Fisterra primeiro hai que chegar a Baio e, dende alí, enfilar cara Vimianzo e dende alí enfilar cara Fisterra e pódolles asegurar que este goberno e os que veñan estarán niso", dixo Feijóo. 

Feijóo laiou a demora na posta en servizo da autovía pero sostén que é case perfecta tecnicamente: "probablemente sexa a utovía de maior calidade técnica nunca feita pola Xunta de Galicia e unha das de máis calidade técnica nunca feitas es España". 

120.000 persoas viven nos concellos que atravesa a autovía: Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo. 

Ten 6 viadutos, 6 enlaces, 15 pasos superiores e 18 inferiores. Con ela os condutores aforran sete quilómetros de travesías e fan a viaxe na metade de tempo ca antes; 11 minutos exactamente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2016