CRTVG

Buscar

O Parador de Muxía recibe os primeiros turistas e reabren outros doce que hai en Galicia

Publicado o 25/06/2020 08:35

Abre as súas portas o parador de Muxía, unha obra do arquitecto galego Alfoso Penela, construído en terrazas sobre a ladeira da praia de Lourido.

O parador abre con cheo: xa non ten cuartos dispoñibles nin para xullo nin para agosto.

O de Muxía receibe os primeiros hóspedes e os demais paradores reabren desde hai case tres meses que pecharan pola covid. Fano con medidas de hixiene moi estritas para garantir a seguridade do cliente.

No de Santo Estevo en plena Ribeira Sacra tamén chegaban xa os primeiros clientes. Buscan descanso, contacto coa natureza e sobre todo desconectar e fuxir das aglomeracións.

Galicia conta na actualidade cun total de 13 Paradores.

Noticias web

25/06/2020