CRTVG

Buscar

Inaugúrase o edificio Fontán, que completa a Cidade da Cultura

Publicado o 06/10/2021 10:20

Na Cidade da Cultura ultiman os preparativos para un evento que pasará á historia do complexo: a inauguración do último edificio. A obra complétase 20 anos despois daquela primeira pedra. 

A directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, di que con esta inauguración complétase a etapa de urbanización e construción da Cidade da Cultura e pásase a unha nova en que haberá máis oferta cultural con máis contidos no eido da educación e da investigación. "Esta oferta será un revulsivo para a Cidade da Cultura", sostén.

Este edificio, ademais, suporá a conxunción de traballo de 200 persoas de diferentes organismos autonómicos e nacionais que levarán a cabo proxectos de investigación sobre diversos temas, como, por exemplo, o Camiño de Santiago.

Noticias web

06/10/2021