CRTVG

Buscar

Inauguran unha tenda na desescalada

Publicado o 18/05/2020 16:42

Resiliencia, capacidade para recuperarse fronte á adversidade e seguir proxectando o futuro. Na famila de Curru Barreiro téñena moi exercitada. Pecharon o seu antigo negocio para inaugurar un novo local xusto o 13 de marzo.

Pero Curru e súa irmá Carmen están afeitas a loitar. A crise do 2012 deixáraas ás dúas en paro. Así, coa axuda de seu pai, abriron a primeira tenda. Tiveron que aprendelo todo, pero saíron adiante e decidiron trasladarse a Compostela. Nese momento a vida complicouse outra vez... e outra vez, a resiliencia.

Unha fortaleza que, di Curru, debe ser algo herdado de seu pai. Tres infartos, unha septicemia e a COVID non conseguiron vencelo.

Non sabemos como será o futuro... pero si que esta familia de Curru seguirá loitando.

Noticias web

18/05/2020