CRTVG

Buscar

Unha árbore de Nadal de centolas para promover "a raíña do marisco do Grove"

Publicado o 04/12/2018 18:23
Unha árbore de Nadal de centolas para promover "a raíña do marisco do Grove"

Queren resaltar "a raíña do marisco", a súa tan preciada centola. E, por iso, este ano a asociación de empresarios do Grove, Emgrobes, elaborou, xunto coas autoridades e a confraría da localidade, un programa de actividades cunha novidade rechamante. Coincidindo co inicio do mes de Nadal, montaron unha árbore de 5 metros de altura adornada con caparazóns das centolas que se foron consumindo nas diferentes comidas e centoladas dos establecementos participantes nas xornadas de promoción da centola do Grove.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2018