CRTVG

Buscar

Inauguran o treito do AVE que permite reducir a viaxe entre Galicia e Madrid 50 minutos

Publicado o 26/10/2020 10:55

Trátase dun treito de 110 quilómetros de percorrido que permitirá aforrar tempo na viaxe a todas as cidade galegas. Dende os 24 minutos á Coruña, ata unha hora e 26 minutos no caso de Pontevedra que contará dende mañá cunha nova conexión con Madrid a través de Santiago. Con este novo tren serán 8 as frecuencias, 4 en cada sentido, que unirán a capital de España con Galicia, pero aínda non se recuperan todos os servizos que había antes da pandemia.

A última vez que houbo unha redución nos tempos foi hai catro anos, coa posta en funcionamento do treito Olmedo - Zamora que acurtou ao redor de media hora a viaxe. Esta nova redución traerá aparellado un incremento no prezo do billete dun 5 por cento.

Noticias web

26/10/2020