CRTVG

Buscar

Inauguran o belén do Milo, con 260 figuras en 40 metros cadrados

Publicado o 04/12/2019 20:20

Corenta metros cadrados de belén, con 260 figuras. É a proposta do Milo, un belenista do concello ourensán de Cartelle que este ano trasladou a súa obra á cidade para que máis xente poida desfrutala. Un belén animado onde a auga corre por ríos e fontes e os muíños ondean ao vento.

O belén do Milo é un pasatempo. Para el, que lle leva dedicado nove anos do seu tempo de lecer, e para para os visitantes, que se entreteñen en cada escena, na procura dos pequenos detalles. A auga que ferve nos potes, as luces que iluminan interiores con vida propia ou o caudaloso río que baixa desde a montaña.

Emilio Cid Quintas, belenista: "O belén ten 12 escenas bíblicas, desde o Nacemento, empadroamento, anunciación a María, fuxida a Exipto, pedindo pousada..."

Tamén hai intencionados anacronismos, como as Burgas, a igrexa do Cebreiro co seu Camiño de Santiago por Xudea, ou a última incorporación, a igrexa ourensá de Fátima, unha chiscadela aos veciños do barrio ourensán do Couto.

Emilio Cid Quintas, belenista: "Está tal como é. Unha réplica exacta. Incluso o chan, as baldosas, vidreiras..."

Estará aberto ao público ata que rematen as festas.

Noticias web

04/12/2019