Inauguran a exposición sobre Antonio Fraguas, homenaxeado no Día das Letras
Publicado o 14/05/2019 21:14
Acaba de inaugurarse no Museo do Pobo Galego, en Compostela, a exposición conmemorativa a Antonio Fraguas Fraguas, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras.
A mostra percorre, por unha banda, a vida de Fraguas como galeguista e profesor, e, por outra, as diferentes vertentes en que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia ou arte.
Á inauguración asistiu o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que enxalzou o papel do homenaxeado como "home das institucións e dos retos da vida pública".