CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Inaugurada en Foz a primeira oficina virtual de turismo de Galicia

Publicado o 19/03/2018 21:25
Esta tarde inaugurouse a primeira oficina virtual de turismo de Galicia. Está na Mariña de Lugo, en Foz. Contén información dos 16 concellos da Mariña, e abrangue a súa historia, con realidade aumentada e mesmo imaxes en tres dimensións. O presidente da Xunta probou persoalmente os anteollos virtuais, e animou os municipios a seguir unidos, e a utilizar a rede para atraer turismo de calidade, presentando a Mariña como unha cidade única formada por 16 distritos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

19/03/2018