CRTVG

Buscar

Inaugurada a nova sede en Santiago da Asociación Española contra o Cancro

Publicado o 29/09/2020 13:33

En Santiago inaugurouse unha nova sede da Asociación Española contra o Cancro. Un espazo máis amplo para os afectados da área sanitaria de Compostela.

A cen metros do complexo hospitalario universitario, na rúa Barcelona, a sede, de 150 metros cadrados, segue a ofrecer de balde servizos de psicoloxía, psicoloxía infantil e logopedia para os que queiran achegarse voluntariamente.

A proximidade ao hospital vai facilitar que os afectados poidan completar, antes ou despois da consulta, a súa recuperación con tres psicólogos e unha logopeda.

Noticias web

29/09/2020