CRTVG

Buscar

Inaugurada a aldea do Nadal en Codeseda

Publicado o 08/12/2019 21:24

Convidámolos agora a que visiten a aldea do Nadal. Non fai falla viaxar moi lonxe para atopala. Está en Doade, en Lalín. A aldea do Nadal de Codeseda quedaba inaugurada esta tarde.

Foi moito o traballo dos veciños para darlle forma. Ademais da iluminación, nela podemos ver unha mostra de 140 beléns artesanais, de toda forma e material. Todos eleborados polos veciños.

Se deciden visitala estas festas, saiban que, ademais, poderán atopar mercados solidarios, obradoiros para os máis pequenos, actuacións musicais e, como non, a visita do Apalpador e dos paxes dos Reis Magos de Oriente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019