CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Inauguración do curso universitario

Publicado o 07/09/2017 15:13
Un acto que se repite todos os anos chegado o mes de setembro é o da apertura do curso universitario. Esta mañá, ao salón nobre da USC volveu o protocolo de todos os comezos de curso... Con gran solemnidade, a comitiva académica entra no salón nobre do reitorado para celebrar o acto de inauguración do curso universitario. Nel aprovéitase para facer repaso das actividades e ler a memoria do ano anterior antes de dar paso á lección maxistral co que se dá oficialmente por iniciado o curso. A enxeñería química ao servizo da sociedade centrou o discurso este mediodía. Tamén o reitor da universidade compostelá aproveitou a ocasión para eloxiar a excelencia académica e investigadora desta institución, que acollerá este curso máis de 3.000 novos estudantes.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí