Inaugura un bar en Lugo o día anterior ao peche da hostalería
Jesús Carrasco prepara os derradeiros cafés antes de botar o peche ao seu bar ás once desta noite e por espazo, como mínimo, dun mes. Se ben o mesmo sucede con todos os hostaleiros de Lugo, neste caso o curioso é que o bar non leva nin 24 horas aberto. No canto de agardar a que se levanten as restricións, o dono decidiu inauguralo onte para darse a coñecer e porque quere telo todo listo para cando poida traballar con normalidade.
"Foi todo entre risas e bágoas. Pero máis risas. Souben o día anterior que xa tería que pechar pero non me botei para atrás. Esto había que facelo".
Jesús tivo que deixar o seu restaurante na primeira onda do coronavirus e agora está disposto a facer todo o posible para non ter que volver pasar polo mesmo. Por iso, quere aproveitar todo o tempo que poida estar aberto e amósase moi satisfeito coa acollida que lle deron os veciños deste barrio das aforas de Lugo.
"Eu teño moita ilusión por dar a coñecer a cociña da miña terra de Alacante. Isto non vai durar moito e non me quitarán a ilusión".
Como bo valenciano, Jesús ofrece dende mañá paellas, croquetas, pan de Calatarava e outros pratos de Levante para que os clientes poidan vir recollelos ou para levarllos á casa.