Imputan un delito de homicidio imprudente ao condutor do accidente mortal en Arbo
Publicado o 04/02/2019 14:17
A Garda Civil atribúelle un suposto delito de homicidio imprudente ao condutor do accidente de Arbo, en que faleceu o copilto, de 34 anos.
O condutor, de 33 anos, que tamén quedou ferido, deu positivo en alcol. Na madrugada do sábado perdeu o control do coche na estrada PO-405, preto do paso fronteirizo con Portugal, impactou contra o muro e precipitouse dende case 20 metros de altura ás vías do tren. O copilto quedou atrapado no coche e os bombeiros tiveron que liberalo de entre os ferros. Non se puido facer nada pola súa vida. Como consecuencia do suceso cortouse a circulación na vía férrea durante case seis horas.