CRTVG

Buscar

Imputan por homicidio imprudente o home que realizou o disparo que matou outro cazador

Publicado o 21/01/2020 14:36

O cazador responsable do disparo mortal a outro en San Xoán do Río esta fin de semana está sendo investigado como presunto autor dun delito de homicidio imprudente.

Pendentes aínda do resultado da autopsia, todo apunta a que a vítima, de 63 anos e veciño do concello ourensán de Paderne de Allariz, faleceu dun tiro no abdome. Segundo outros participantes da batida, o autor do disparo tiráballe a un xabaril que lles saíu ao paso cando xa estaban recollendo para marchar, pero a bala rebotou contra unha pedra e, lamentablemente, alcanzou o outro cazador.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2020