CRTVG

Buscar

Imputan o tesoureiro e a xerente de Podemos polo caso da coidadora dos fillos de Montero e Iglesias

Publicado o 12/07/2021 16:05
Imputan o tesoureiro e a xerente de Podemos polo caso da coidadora dos fillos de Montero e Iglesias

O xuíz decidiu imputar o tesoureiro de Podemos, Daniel de Frutos, e a xerente da formación, Rocío Esther Val, polo coñecido como 'caso neneira' en que se investiga a ministra de Igualdade.

A causa quere aclarar se Irene Montero empregou como coidadora dos seus fillos a exdeputada de Podemos, Teresa Arévalo, durante a campaña electoral do 2019, e se lle pagou por ocuparse dos nenos con cartos do partido. No auto o xuíz chama a declarar en concepto de investigados a De Frutos e Val o próximo luns 19 de xullo. A fiscala solicitara citar a ambos traballadores por ser eles quen ordenaron o pago.

Noticias web

12/07/2021