CRTVG

Buscar

Imputan a Kirchner por suposto encubrimento terrorista

Publicado o 10/10/2017 15:20

Na Arxentina foi citada a declarar, por suposto encubrimento de terroristas, a ex-presidenta Cristina Fernández de Kirchner. Un golpe xudicial para a ex-xefa do Estado arxentino, que se atopa en plena campaña electoral para tentar facerse cun escano de senadora. 

Cristina Fernández de Kirchner recibe un novo revés xudicial. A ex-presidenta arxentina foi citada a declarar por presunto encubrimiento dos terroristas iranianos acusados de ser os autores intelectuais do atentado perpetrado contra a mutualista xudía AMIA en 1994, e que deixou 85 mortos. Avanza así a causa do fiscal Alberto Nisman, quen aparecera morto cun tiro na cabeza só catro días despois de que denunciara a ex-mandataria. 

Segundo as investigacións, Fernández de Kirchner impulsou a firma dun tratado con Irán para, baixo a fachada dun acordo para esclarecer o ocorrido, acabar cos pedidos de captura internacional contra quen planificaron o considerado como peor atentado terrorista da Arxentina. 

Xunto á ex-xefa do Estado hai outros quince imputados, entre eles varios funcionarios do goberno kirchnerista. A causa inclúe un delito por traición á patria.

A comparecencia de Fernández de Kirchner nos Tribunáis será o vindeiro 26 de outubro, catro días despois das eleccións lexislativas que afrontará o país, nas que moi posiblemente sairá electa como senadora, polo que este feito de seguro marcará unha campaña que ata o de agora está a ser moi monótona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2017