CRTVG

Buscar

Imputadas 6 persoas por un delito de estafa en Xinzo de Limia

Publicado o 03/07/2020 11:37

Un veciño de Xinzo de Limia foi vítima dunha estafa de miles de euros ao mercar un apeiro de labranza por Internet. A Garda Civil da vila localizou e imputou os supostos autores do delito, que resultaron estar en Murcia.

Os estafadores pedíranlle os datos da súa tarxeta facéndolle crer que estaba realizando a compra do aparello e acabaron por cargarlle gastos de 14.000 euros. Coa axuda da Comandancia da Coruña e a Policía Xudicial de San Javiar en Murcia puideron localizar os responsables, que están acusados de delito de estafa, branqueo de cartos e pertenza a grupo criminal.

 

 

Noticias web

03/07/2020