CRTVG

Buscar

Imprudencias na fase un: dende discotecas con 150 persoas ata funerais con 300 asistentes

Publicado o 05/06/2020 14:49

Os locais de ocio nocturno serán os últimos en abrir, na fase 3. Por iso o propietario desta discoteca situada no barrio madrileño do Plantío expónse a varias sancións graves. Con Madrid ainda en fase 1, a Policía Nacional acodiu ao local, alertada polas chamadas dos veciños, e atopou unhas 150 persoas no interior, e outras 85 facendo cola. Sen máscaras, distancia de seguridade nen contriol de aforo, e compartindo copas e cachimbas, con evidente risco de contaxios.

Onde xa se confirmou un novo brote foi no Hospital Gregorio Marañón, tamén en Madrid. Un almorzo de despedida a dous residentes, celebrado nunha estancia do servizo de neumoloxía, deixa cinco casos postivos e 15 sanitarios en illamento. O centro abriu unha investigación para aclarar o sucedido.

E os Mossos investigan o funeral dun militante do PSC, ao que asistiron unhas 300 persoas no estadio municipal de Castellbell. A alcaldesa deste concello barcelonés asegura que se cumpriron os protocolos de seguridade, malia que na fase un están prohibidos os sepelios con máis de 15 asistentes.

Noticias web

05/06/2020