CRTVG

Buscar

Importantes retencións en Ourense tras colidir un turismo contra unha moto

Publicado o 07/03/2019 12:05
Importantes retencións en Ourense tras colidir un turismo contra unha moto

Importantes retencións esta mañá na entrada da cidade de Ourense por mor dun accidente. Contra as once e media, un turismo bateu contra unha moto. A policía investiga as causas, que se descoñecen polo momento. O vehículo sufriu danos pero a peor parte levouna o motorista, que quedou ferido. Unha ambulancia do 061 achegouse ao lugar para curarlle as feridas, pero finalmente decidiron trasladalo ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Noticias web

07/03/2019