CRTVG

Buscar

Impoñen unha multa de 572 millóns de dólares a Jonhson & Jonhson pola crise dos opioides nos EUA

Publicado o 27/08/2019 10:31

Un xulgado de Oklahoma, nos Estados Unidos, condena a farmacéutica Johnson & Johnson a pagar 572 millóns de dólares pola súa responsabilidade na crise dos opioides.

A sentenza do xuíz Thad Balkman, podería marcar un precedente para as case dous mil demandas colectivas contra a industria farmaceutica por esaxerar a efectividade duns medicamentos con opioides para tratar a dor crónica e subestimar o risco de adicción.

Desde o ano 2000, só en Oklahoma morreron máis de 6.000 persoas por sobredose de analxésicos.

A empresa Jonhson & Jonhson anunciou que vai recorrer a sentenza.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/08/2019