CRTVG

Buscar

Primeiro implante en España dunha prótese impresa en 3D

Publicado o 28/01/2020 21:21

Unha impresión en 3D, realizada en titanio e que reproduce con precisión a función dun óso da man, o escafoides, completamente lesionado. E non só reproduce, este novo óso impreso en 3D devolveulle a un paciente funcións que tiña mortas desde había unha década: mobilidade e forza.

Mellor resultado, imposible. A operación realizouse no Hospital Universitario de La Ribera, na localidade valenciana de Alzira. Foi complexa, pero rápida: durou só dúas horas. Foi pioneira, é a primeira vez que se fai en España, pero exitosa. Se cadra isto é só o comezo. Confesa o equipo médico que as próteses 3D poden ser o futuro da cirurxía.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020