CRTVG

Buscar

Implantan tres bypass ao rei Xoán Carlos nunha operación "sen incidencias"

Publicado o 24/08/2019 21:05

Foi unha intervención cirúrxica "sen incidencias" e que remataba "con éxito" tras varias horas nas que o equipo médico lle colocou ao Rei emérito tres bypass (aortocoronarios) Así o relataba nun breve parte médico a doutora Lucía Alonso, directora xerente do grupo de hospitais Quirón en Madrid.

A operación estaba programada desde o mes de xuño tras unha revisión médica... Esta intervención é a número 17 á que se somete o Rei emérito ao longo da súa vida e a primeira desde que se retirou dos actos oficiais o 2 de xuño deste ano. A operación levouna a cabo un equipo de cirurxía cardiovascular recoñecido a nivel europeo...

Previsiblemente e se non hai complicacións, don Xoán Carlos permanecerá na UCI un par de días e despois pasará a planta, na que podería estar outros dez. Coñeceremos a evolución do seu estado nun novo parte médico este domingo ás doce da mañá.
 

Noticias web

24/08/2019