CRTVG

Buscar

Implantan en Santiago os dispositivos contra a dor crónica máis pequenos do mundo

Publicado o 05/12/2017 15:07

O complexo hospitalario de Santiago implantou con éxito o neuroestimulador máis pequeno do mundo a dous pacientes con dor crónica intratable. O aparello reduce a dor entre un 70 e un 80% e dura nove anos. A operación é ambulatoria, sen ingreso hospitalario, e minimamente invasiva.

Preto do 19% da poboación galega padece dor crónica e os analxésicos non sempre son efectivos. Cando doenzas como a lumbalxia ou a ciática non teñen tratamento, os médicos implantan pequenos neuroestimuladores na médula espiñal.

Os doentes regulan a intensidade dos estímulos eléctricos cun mando, e o médico axúdalle a programalo cunha tableta. 

A unidade da dor do Hospital de Santiago acaba de implantar os neuroestimuladores máis pequenos do mundo, compatibles coas resonancias magnéticas que a miúdo teñen que facer os doentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2017