Sanidade supervisa ximnasios, prazas de abastos e locais de hostalería
O Sergas reforza os seus servizos de inspección, ata finais de abril, nunha campaña especial para infomar o sector comercial e hostaleiro da normativa covid. Xa levan feitas máis de 4.000 visitas e o grao de cumprimento é alto, aínda que algúns propietarios dos negocios seguen tendo dúbidas.
Máis ca un ánimo sancionador, estas visitas perseguen o obxectivo de mellorar a seguridade dos locais. Chegan sen previo aviso para supervisar cada establecemento e van repasando cos encargados o cumprimento da normativa en vigor.
Os inspectores lémbranlles aos hostaleiros que é a súa responsabilidade facer cumprir as nomas de distanciamento e asegurarse de que a clientela só quite a máscara no mesmo momento de consumir.
Estes días, 200 inspectores percorren bares, restaurantes, tamén ximnasios e prazas de abastos, para garantir unha desescalda máis segura. Unha oportunidade para ofrecer un mellor servizo e poder garantir a súa continuidade.