CRTVG

Buscar

A actividade emprendedora consolídase en Galicia cunha taxa do 5%

Publicado o 13/12/2018 19:56

A actividade emprendedora consolídase en Galicia cunha taxa de algo máis do 5% en 2017. Supera a do ano anterior, que se achegaba ao 4 %. Este crecemento de algo máis dun punto vén impulsado, sobre todo, polos emprendedores con estudos superiores, cunha taxa próxima ao 8 %.


Un 34 % das iniciativas emprendidas ten como motivación a necesidade, fronte ao 60 % que responde á oportunidade de negocio. Entre os principais obstáculos: o medo ao fracaso, sobre todo nas mulleres, e a falta de financiamento. A metade dos abandonos concéntrase nas persoas que dispoñen de menos de 20.000 euros anuais.


A media de idade do emprendedor é de 41 anos. Máis dun terzo utiliza tecnoloxías de menos de 5 anos e arredor do 40% prevé incrementar o cadro de persoal nos próximos cinco anos tras tres anos de actividade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2018