CRTVG

Buscar

O coronavirus fainos ir menos á compra, pero gastar máis

Publicado o 19/01/2021 21:21

Un estudo da OCU acaba de poñerlles cifras a algúns deses cambios dos compradores. Dende que chegou a pandemia, o habitual é irmos ao supermercado unha ou dúas veces por semana. Os que antes ían tres ou máis veces caeron á metade no verán. E, indo menos veces, tendemos a cargar máis o carro. En cada visita ao súper gastamos case 80 euros de media, e pagamos con tarxeta. Só un de cada dez compradores segue usando o efectivo.

Noticias web

19/01/2021