Importante triunfo do Emevé en Eivisa por 2-3
Publicado o 25/02/2021 13:00
Na Superliga masculina, importante vitoria do Arenal Emevé na cancha do Eivisa. Non sen dificultade, xa que os dous primeiros sets foron para os lugueses por un axustado tenteo: 22-25 no primeiro e 24-26 no segundo set. Pero o partido cambiou. O equipo insular gañou os seguintes dous sets 25-15 e 25-18. O quinto set foi para o Arenal Emevé, 9-15. Con este triunfo, o equipo galego colócase oitavo clasificado.