Imaxes do rescate en helicóptero da muller que caeu no cabo Prior
Publicado o 06/06/2021 19:18
A muller que caeu o sábado nun acantilado duns 60 metros no cabo Prior recupérase das súas feridas.
Primeiro foron os bombeiros de Ferrol os que tenderon cordas para alcanzala, pero finalmente foi un rescatador do helicóptero de Salvamento Marítimo o que puido acceder á vítima e rescatala. A operación desenvolveuse en menos dunha hora. Unha ambulancia trasladou a muller ao hospital de Ferrol para sometela a un recoñecemento.