CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Imaxes desde o aire dos danos de Cristina sobre A Coruña

Publicado o 04/03/2014 21:27

As máquinas tratan de arranxar os estragos causados pola borrasca no litoral coruñés

Así vemos desde o aire os estragos causados por Cristina no litoral coruñés. Así quedou a zona das Escravas, na parte de Riazor. As máquinas traballaron arreo hoxe para tratar de arranxar esta zona que quedou moi danada.

O mesmo panorama en toda a praia de Riazor. Vemos o paseo marítimo cheo da area que o mar foi depositando ao longo dun temporal que aínda hoxe deixou algún resto.

E neste camiño pola zona onde o mar bateu máis chegamos a Miño, onde o mar tombou este bloque de apartamentos. Desde o aire apréciase con maior nitidez a magnitude da forza das ondas. Boa parte do edificio quedou completamente destruído e con problemas serios para manter a súa estrutura. O mesmo ocorreu con parte do paseo marítimo, comido polas ondas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

04/03/2014