CRTVG

Buscar

Illan 16 persoas en Trives polo positivo na Covid-19 dun home que viaxou desde Lleida por traballo

Publicado o 18/07/2020 18:46
Illan 16 persoas en Trives polo positivo na Covid-19 dun home que viaxou desde Lleida por traballo

Illan 16 persoas tras o positivo un home que viaxou por traballo de Lleida a Trives (Ourense).

O diagnóstico positivo por coronavirus dun paciente ingresado sospeita de COVID no Hospital Universitario de Ourense, que se desprazou recentemente por motivos laborais desde Lleida á Pobra de Trives (Ourense) activou o protocolo para seguir aos seus contactos directos.   

Segundo confirmaron as autoridades sanitarias, actualmente están localizadas e con indicación de illamento domiciliario de 14 días, un total de 16 persoas que  mantiveron contacto estreito con el.    Todas estas persoas son  asintomáticas e, de acordo co protocolo,  Sanidade, monitoriza o seu estado, por se presentasen algún síntoma.   

O protocolo, remarcan as autoridades sanitarias, activouse desde o primeiro momento no que se coñeceu o positivo.