CRTVG

Buscar

Illados na casa os tripulantes dun pesqueiro de Laxe ao se detectaren dous positivos

Publicado o 26/11/2020 21:07

Accesos precintados para evitar que ninguén se achegue ata o pesqueiro San Manuel atracado no porto de Laxe.

O san Manuel estaba a traballar no Grove e tivo que regresar a porto tras dar positivo o pasado domingo un compañeiro que desta volta quedara en terra pero que tivera contacto co resto da tripulación os días previos. As probas realizadas o mércores no hospital do Barbanza confirmarban este xoves outro positivo máis. Agora todos están en illamento domiciliario.

Mentres garda illamento na a súa casa, o patrón do San Manuel xa iniciou as xestións para desinfectar canto antes o barco. Na lonxa confirman que é o primeiro caso detectado nunha das embarcacións da confraría de Laxe.


 

Noticias web

26/11/2020