CRTVG

Buscar

Illa propón baixar o soldo do presidente da Generalitat un 30%

Publicado o 05/02/2021 20:42

Salvador Illa propón recortar o soldo do presidente da Generalitat: "propuxen poñer o salario ao nivel do máximo que teñen as outras autonomías en España, en concreto, o salario do lendakari do País Vasco. É unha rebaixa dun 30%".

Ciudadanos aplaude a idea, aínda que o seu candidato, Carlos Carrizosa, di que eles levan anos defendendoa. No PdeCat, non o vén igual. Para a súa candidata, Àngels Chacón, é "unha proposta tipicamente electoral, unha proposta demagóxica".

Ante a previsible entrada de VOX no Parlament, Esquerra Republicana proponlles ás demais forzas suscribir un compromiso para anular os seus vo na cámara. Pere Aragonès, candidato da formación, explica que "é a concreción deste cordón sanitario á estrema dereita. Non se poden aceptar os seus votos, non se pode branquexar a súa linguaxe, non se lles pode cualificar de homes de estado".

A ex-voceira do PP no Congreso acudiu á chamada dos populares cataláns. Cayetana Álvarez de Toledo advirte que Illa pactará con Esquerra para culminar o procés por outros medios: "os socialistas non buscan pasar páxina do proceso, buscan pasar páxina da Constitución".

Estas serán as eleccións catalás con máis voto por correo. Este venres rematou o prazo para solicitalo: pedírono 270.000 electores, o triplo que nos últimos comicios.

Noticias web

05/02/2021