CRTVG

Buscar

Illa descarta o confinamento pero abre a porta a ampliar o toque de queda

Publicado o 16/01/2021 11:01

 

 

O ministro de Sanidade asegurou esta sábado que estamos ante unha situación "moi preocupante" pero que lograremos dobregar a terceira vaga do virus, aínda que o Goberno non prevé ningún confinamento domiciliario para facerlle fronte.

Insiste Illa en que todas as restricións se teñen que adoptar de acordo á lexislación vixente.

Illa fixo estas consideracións nunha comparecencia en que informa da situación da pandemia con 40.197 novos casos este venres, unha cifra diaria de contaxios que, de novo, non ten precedentes en España. Asegura o ministro que "o ritmo de vacinación é óptimo". Di que se realizaron axustes para garantir que os que recibiran a primeira dose poidan recibir a segunda esta semana.  Informou de que España recibirá esta semana aproximadamente un 56 por cento das doses previstas de Pfizer. O obxectivo para o titular de Sanidade é que no verán estea vacinada o 70 por cento da poboación.