CRTVG

Buscar

Illa insta todos os madrileños a limitar "ao máximo" a súa mobilidade

Publicado o 22/09/2020 19:41

Ayuso non descarta ampliar as restricións

 

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, recomendou limitar "ao máximo" a mobilidade en toda a Comunidade de Madrid, máis aló das 37 zonas básicas de saúde e sete municipios onde se restrinxiu dita mobilidade. En conferencia de prensa tras o Consello de Ministros, Illa lembrou que Madrid é a rexión que está a experimentar máis casos de contaxio de coronavirus en España e que, polas súas "características específicas", fai que se teñan que tomar medidas especiais para conter a transmisión do coronavirus. "A situación fai que recomende limitar ao máximo a mobilidade en toda a comunidade autónoma", sinalou o ministro de Sanidade, tras asegurar que este consello non leva "implícito" a recomendación de pedir o estado de alarma para a rexión.

Ayuso avisa de que se pode volver a un confinamento maior

 A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, pediu este martes á xente que lembre "o que vivimos en marzo", que foi "tremendo", e que "pode volver haber un confinamento maior, se non nos poñemos en marcha outra vez e nos separamos un pouco", aínda que hai que evitar que sexa "total".

"Oxalá todo se fixese antes" tanto en en marzo como agora, recoñeceu Díaz Ayuso en declaracións a Onda Cero, onde sinalou que "a confianza está a ser noso peor inimigo" en España e noutros moitos países.

Noticias web

22/09/2020