CRTVG

Buscar

Illa insta a facer "o que faga falla" en Madrid

Publicado o 17/09/2020 10:47
Illa insta a facer "o que faga falla" en Madrid

O ministro de Sanidade Salvador Illa espera que este xoves se dean a coñecer as medidas que pensa poñer en marcha a Comunidade de Madrid para frear a expansión do virus e urxe a facer "o que faga falta" para controlar a situación nesa comunidade. Con todo, desbota decretar o estado de alarma.

"Hai que facer o que faga falta para controlar a situación en Madrid. Hai que tomar aquelas medidas que faga falla tomar para estar nun escenario de control da pandemia", aseverou o ministro nunha entrevista en RNE.

Illa espera que a Comunidad de Madrid dea a coñecer ao longo deste xoves esas medidas concretas, que non quixo avanzar, aínda que sinalou que Sanidade mantivo un contacto "fluído e permanente" co Goberno rexional, a quen trasladou a súa opinión.

Preguntado pola posibilidade de decretar un estado de alarma para esta comunidade,  Illa cre que "hai percorrido previo antes de chegar alí", aínda que sexa unha medida prevista que se pode adoptar "se fixese falta". "Nestes momentos hai que actuar, e dixéronnos que van actuar", e controlar a situación nesta comunidade "coas medidas que sexan necesarias para iso", afirmou o ministro de Sanidade.