CRTVG

Buscar

Illa empraza a Ayuso a revisar as restricións de mobilidade

Publicado o 26/09/2020 14:15


Salvador Illa Ministro de Sanidade
"Hai que actuar con determinación, hai que, en tres palabras, ha que tomar o control da pandemia en Madrid, noutras comunidades autónomas fíxose e non quero entrar en máis valoracións, quero repetir o emprazamento a que se revisen as medidas, a que se escoite á ciencia, a que deixemos a política nun segundo plano, a que vaiamos primeiro a antepoñer a saúde dos cidadáns"

O ministro de sanidade compareceu tras participar na reunión de seguemento da pandemia e un día despois de manifestar publicamente o seu desacordo coas restricións anunciadas polo goberno de Madrid para frear os contraxios. Illa insiste en que é preciso que esas limitacíóns se estendan a toda a cidade e a aqueles municipios que rexistren unha incidencia de 500 casos por 100.000 habitantes nos ultimos 14 días.

 Salvador Illa Ministro de Sanidade "Madrid está nunha situación de serio risco sanitario, para os seus cidadáns e para os cidadáns das comunidades autónomas limítrofes"

Segundo o ministro, a pesar deste desencontro, o grupo de traballo acordado trala reunión entre o presidente Sánchez e a presidenta Día Ayuso seguirá traballando.

 Salvador Illa Ministro de Sanidade "Un espazo que seguirá traballando onde o goberno se expresará con cordialidade pero tamén con claridade e con franqueza"

Salvador Illa non quixo pronunciarse sobre a posibilidade de que o goberno aplique o estado de alarma na comunidade de Madrid. Confía, dixo, en que se escoite á comunidade científica e se atenda a petición do Ministerio de sanidade.

Noticias web

26/09/2020