CRTVG

Buscar

O ministro de Sanidade di que o Goberno regulará o uso obrigatorio das máscaras nos espazos públicos

Publicado o 17/05/2020 18:27

Moitos presidentes autonómicos solicitaron esta mañá ao presidente do Goberno que se regule a conveniencia do uso obrigatorio das máscaras nos lugares públicos. A petición "unánime", segundo manifesou o ministro de Sanidade, Salvador Illa, xa estaba enriba da mesa e moi probablemente será aprobada ao longo da semana.

O venres adoptarase a decisión definitiva no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, no que participan todas as comunidades autónomas. 

 

 

Noticias web

17/05/2020