CRTVG

Buscar

Illa di que o Goberno aínda non ten claro como facer a desescalada

Publicado o 16/04/2020 21:08

O ministro de Sanidade insiste en que España segue os protocolos internacionais no cómputo dos falecidos. Foi na comparencia semanal no Congreso en resposta ás acusacións da oposición de falta de transparencia.

Sobre a posibilidade de que os nenos saían uns minutos á rúa, Salvador Illa dixo que "hai que actuar con cautela" sobre todo "pola saúde do resto da cidadanía" e engadiu que será posible cando a evolución da pandemia o permita, pero non deu datas.

A oposición criticoulle a falta de diálogo, e ademais, o PP recriminoulle a falta de planificación e  a incerteza de non coñecer as medidas para a desescalada. 

"Fai semanas que o Goberno está traballando na desescalada. E vaino consensuar coas comunidades autónomas e cando teña unha proposta madura para dala a coñecer, farao, nunca antes. Se o tivésemos claro, diríamolo, así o digo. Actuamos con prudencia", di Salvador Illa, ministro de Sanidade.

Noticias web

16/04/2020