CRTVG

Buscar

Euskadi, Asturias e Estremadura solicitan a declaración do estado de alarma nos seus territorios

Publicado o 23/10/2020 12:56

O incremento de contaxios e o empeoramento da evolución da pandemia está levando a varias comunidades a tomar duras restricións. Algunhas, por cuestións de forma xurídica ou co obxectivo de afondar nestas limitacións, demandan ou estudan solicitar estado de alarma.

Euskadi xa o fixo e na petición precísase que se trata dunha proposta de declaración do estado de alarma con "mando e xestión do mesmo na Presidencia de cada comunidade autónoma de maneira coordinada no conxunto do Estado". Desde hoxe está limitada a mobilidade nunha vintena de municipios vascos. E o lehendakari pediulle ao Goberno o estado de alarma para Euskadi para frear la escalada de contaxios.

Insisten nel "dada a situación" sanitaria e co desexo de actuar coa "maior celeridade posible para tentar preservar a saúde de toda a cidadanía, limitar a transmisión comunitaria e a saturación das camas hospitalarias", segundo informaron fontes da Presidencia Vasca.  

Tras Euskadi foi Asturias a comunidade que se sumou á solicitude de declaración do estado de alarma, coa intención de poder decretar, entre outras medidas, o toque de queda. O presidente asturiano, Adrián Barbón, baralla ademais a posibilidade de decretar peches perimetrais en varias localidades da rexión, que este xoves acumulaba unha incidencia de 279 casos por 100.000 habitantes. Xixón, a cidade máis poboada do Principado, sería a primeira na que se ordenaría a prohibición de entradas e saídas.

Ao mesmo tempo, está previsto que o Goberno asturiano decrete un novo endurecemento dos horarios dos peches dos bares e locais de hostalería.

E a continuación foi Estremadura a que anunciou a súa intención de solicitar o Estado de Alarma para a comunidade. A petición, dixo Guillermo Fernández Vara, presidente estremeño, solicitarase esta mesma tarde ao Goberno central. "Isto non é para confinar, é para limitar a mobilidade", subliñou Vara. "Para seguir tomando decisións necesitamos o amparo do Estado de Alarma. Creo que é a mellor solución das solucións posibles", dixo.

Esta situación chega a poucas horas de que remate o estado de alarma en Madrid, que anuncia a volta ás áreas de saúde, decreta restricións de mobilidade e horarios e limita xuntanzas. O conselleiro de Sanidade na Comunidade de Madrid concreta que "entre as cero horas e as seis da mañá limitanse as xuntanzas familiares e sociais en espazos públicios e privados, restrinxidas só a convivintes. No resto das horas do día mantense a limitación a un máximno de seis persoas"

Elabora a súa propia folla de ruta mentres o Goberno busca apoios para darlles resposta ás comunidades que lle piden o toque de queda. O ministro de sanidade mantén que "o instrumento xurídico que lle dá solidez e solvencia é o estado de alarma. Por iso pedimos que haxa un compromios claro que permita renovar esta medida máis alá de 15 días"

Salvador Illa abriu unha rolda de contactos bilaterais en Castela e León. Para frear a presión hospitalaria, esta comunidade xa pediu o toque de queda. O seu presidente Alfonso Fernández Mañueco di que o quere implementar "esta fin de semana. Se pode ser mañá, mellor que pasadoi"

Canda Andalucía e Valencia buscan un encaixe legal que avale as restricións nocturnas. De doce a seis na Generalitat valenciana.  "A nosa proposta é rematar o nove de decembro. Podemos intentar que as festas do nadal e a campaña que leva asoacia de comercios etc poida ter unha maior viabilidade", explica Ximo Puig.

Melilla pide declarar o estado de alarma na cidade autónoma para aplicar un confinamento nocturno. É a segunda rexión de España en incidencia acumulada, con 900 casos por cen mil habitantes.

A primera é Navarra, confinada perimetralmente. Hoxe pecha A Rioxa.

Cataluña supera por primeira vez os 5.000 novos infectados nun día. E non descarta o toque de queda.

Noticias web

23/10/2020