CRTVG

Buscar

Illa agarda que a vacina poida chegar antes de final de ano

Publicado o 11/09/2020 16:12

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, volveu defender a estratexia europea para facerse cunha vacina contra a covid-19 que implica negociar conxuntamente con 7 compañías e garante unha distribución equitativa das doses entre os Vintesete.
O ministro dixo tamén que si todo transcorre conforme o previsto, a vacina podería estar dispoñible para finais de ano.

Salvador Illa, ministro de Sanidade:"Ten que pasar un proceso de validación, o máis importante é a seguridade neste proceso, pero se isto funciona poderiamos tela en decembro e se non funciona, non."

Á espera da vacina, as autoridades sanitarias de Aragón decretaron o confinamento dos 7.600 veciños da localidade turolense de Andorra para frear os contaxios.

A Garda Civil controla os accesos para garantir que se respecta a corentena. Con máis de 800 casos por cada cen mil habitantes, na localidade biscaíña de Mungia comezou o cribado preventivo dirixido aos profesionais sanitarios e a persoas en situación vulnerable.

No conxunto de Euskadi rexistráronse 574 novos positivos, 61 menos que na xornada anterior.
Andalucia anota un novo récord de contaxios diarios con 1.242 confirmados por probas PCR e suma sete falecidos máis.
Case o corenta por cento de todos os positivos nestas últimas 24 horas detectáronse na provincia de Málaga.
 

Noticias web

11/09/2020