CRTVG

Buscar

A maioría dos pasaxeiros do Alvia, moitos deles galegos, saíron ilesos

Publicado o 03/06/2020 14:14

"O vagón ía dun lado para outro, a xente berrando, unha señora púxose a rezar, o que recordo foi ver todo o polvo ao meu carón, poñerme en posición fetal, e foi un momento moi tenso, a verdade".

É unha das testemuñas do sinistro ferroviario. Sabéndose xa a salvo, pero aínda co susto no corpo, os pasaxeiros do tren relatan como viviron o descarrilamento.

No tren viaxaban 158 pasaxeiros, segundo confirmou Renfe. A maioría quedaron ilesos. Segundo a Delegación do Goberno en Castela e León, 6 deles, de entre 24 e 54 anos de idade, foron trasladados ao hospital Virgen de la Concha con feridas leves, como contusións cervicais e episodios de ansiedade.

Os pasaxeiros ilesos foron evacuados e trasladados en autobús á estación de Zamora, para continuaren ata Madrid a bordo doutro tren. No traxecto lembraban novamente o momento do accidente.

Os viaxeiros do Alvia que facía o traxecto contrario, Madrid-Galicia, tamén foron trasladados dende Zamora ata Ourense por estrada. Os que ían a Vigo e Pontevedra fixeron a viaxe en autobús. E os que tiñan como destino Ferrol e A Coruña seguiron a viaxe nun tren dende Ourense.

Noticias web

03/06/2020