CRTVG

Buscar

Iker Casillas anuncia que se retira como xogador de fútbol

Publicado o 04/08/2020 16:28

Non é unha sorpresa. Iker Casillas anunciou esta mañá que deixa o fútbol. Con trinta e nove anos. Con vinta e seis títulos a nivel de clubes, Real Madrid e Porto, e con duas eurocopas e un mundial coa selección española.

A última temporada marcou a súa despedida. Non xogaba desde maio de 2019, tras sufrir un infarto.
Casillas despídese con orgullo do camiño que percorreu na súa vida deportiva.

Noticias web

04/08/2020